|
|
|
|
abeleira |
Arbusto das betuláceas de follas caducas, arredondadas,
dobremente serradas, pólas abundantes e madeira dura,
pode acadar os oito metros de altura. O seu froito é a
abelá, o científico da especie botánica máis
representativa é Corylus avellana e o nome do
colectivo é
abeledo,
abelenda,
abeleiral. |
|
ameixeira |
Árbore froiteira das rosáceas de follas elípticas,
flores brancas e grandes en acios, pode acadar os sete
metros de altura. O seu froito é a
ameixa, o seu nome científico é Prunus domestica
e o nome do seu colectivo é
ameixal,
ameixenda,
ameixedal |
|
acivro
|
|
|
álamo |
Árbore da familia das salicáceas semellante ao
lamigueiro, de follas anchas e flores colgantes, que
pode acadar os 30 metros de altura e que ten unha
madeira branca moi resistente á auga. O seu nome
colectivo é
alameda |
|
albaricoqueiro |
|
|
aciñeira |
Árbore das fagáceas de follas pequenas elípticas coa
marxe dentada, flores verde amarelas, froito en landra,
que pode acadar os 12 metros de altura. O seu nome
científico é quercus ilex. O seu nome do
colectivo é
aciñal,
aciñeiral ou
caxigueira. |
|
amendoeira |
Árbore das rosáceas de follas lanceoladas dentadas que
aparecen despois que as flores brancas e froito
comestible, a
améndoa, que pode acadar os oito metros de altura. O
seu nome do colectivo é
amendoal e o seu nome científico é prunus
amigdalus |
|
amieiro |
Árbore das betuláceas de follas alternas arredondadas,
flores masculinas en amentos cilíndricos e femininas en
amentos ovoides, madeira de longa resistencia baixo a
auga. Vive en lugares húmidos e pode alcanzar os dez
metros de altura. O seu nome colectivo é
amieiral ou
ameneiral. O nome científico da especie máis
abundante é Alnus glutinosa. |
|
bidueiro |
Árbore das betuláceas de follas caducas, alternas e
dentadas, tona branca e lisa, froito en noz alada e que
pode atinxir os dez metros de altura. O nome do seu
colectivo é
bidueiral,
abedual ou
biduído. O nome científico da especie botánica máis
frecuente é Betula pubescens. |
|
carballo |
Árbore das fagáceas de follas caducas lobuladas, casca
gris e froito en glande, pode acadar os 25 metros de
altura. O seu froito chámase
landra. O seu nome do colectivo é
carballal,
carballeira,
carballiza,
touza,
carballeda,
carballido e
carballedo. O seu nome científico é quercus robur. |
|
abeto |
Arbusto das pináceas de follas perennes en agulla, copa
cónica, cortiza branco-cinsenta que pode acadar os 45
metros de altura. O seu nome científico é abies alba. |
|
acacia |
Arbusto das leguminosas que dá flores brancas en acios e
acada grande altura. O seu nome científico é robinia
pseudoacacia. |
|
abruñeiro |
Arbusto espiñento das Rosáceas, de follas ovais
dentadas, flores brancas e froito comestíbel de cor azul
escura, pode acadar os catro metros de altura. Os seus
froitos teñen o nome de
abruño,
andrinas ou
nixo. O nome do seu colectivo é
abruñedo ou
abruñal. O seu nome científico é Prunus spinosa. |
|
arandeira |
Arbusto propio de zonas de montaña húmidas e sombrizas,
de follas moi brillantes e flores brancas ou tirando a
rosa, que ten como froito unha baga comestible de sabor
doce e cor azul escura tirando a negra. |
|
breixo
|
Arbusto das ericáceas de follas verticais escamosas,
flores brancas en acios, raices grosas que serven para
facer cachimbas, pode acadar os tres metros de altura. O
seu nome colectivo é
ucedo,
uceira,
uzal,
urceira,
breixeira ou
moural. O seu nome científico é erica arborea. |
|
buxo |
Arbusto das Buxáceas de follas perenes, talos dereitos e
madeira moi dura, utilizado como ornamental en xardíns e
a súa madeira para usos diversos. Pode atinxir unha
altura de até catro metros. O seu nome científico é
Buxus sempervirens. |
|
cantroxo |
|
|
carpaza |
Arbusto das cistáceas de follas peludas, estreitas e
lanceoladas, froito en forma de cápsula, que pode acadar
os dous metros de altura. O seu nome do colectivo é
carpazal ou
carpaceira. O seu nome científico é cistus
psilosepalus |
|
caoba |
|
|
capudre |
|
|
carqueixa |
Arbusto das leguminosas de flores pentámeras de cor
amarela, co talo percorrido por ás. É medicinal e
pirófita. O seu nome do colectivo é
carqueixal ou
carqueixedo. O seu nome científico é
chamaespartium tridentatum. |
|
castiñeiro |
Árbore das fagáceas de follas caducas dentadas, flores
en acios de cor amarela, froitos en ourizos, pode acadar
os 20 metros de altura. O nome do seu froito é
castaña. O nome do colectivo é
castiñeira,
souto ou
castañal. O nome científico da especie máis
estendida é Castanea vesca. |
|
carrasca |
|
|
caxigo |
Árbore das fagáceas de follas pequenas elípticas coa
marxe dentada, flores verde amarelas, froito en landra,
que pode acadar os 12 metros de altura. O seu nome do
colectivo é
aciñal,
aciñeiral ou
caxigueira. O seu nome científico é quercus ilex. |
|
cedro |
Árbore conífera de follas aciculares persistentes,
froito ovoide, que pode acadar os 40 metros de altura. O
seu nome científico é cedrus deodora. |
|
cerdeira |
Árbore das rosáceas de follas lanceoladas serradas,
flores brancas, froitos en drupa de cor vermella, pode
acadar os cinco metros de altura. O seu nome do
colectivo é
cereixal,
cerdeiral ou
cerdeiredo. O seu nome científico é prunus
cerasus. O nome do seu froito é
cereixa. |
|
cerquiño |
Árbore das fagáceas, variedade de
carballo, máis baixo e coas follas miúdas. O seu
nome do colectivo é
cerqueiral. O seu nome científico é Quercus
pyrenaica. |
|
cidreira |
Árbore das rutáceas de flores brancas aromáticas,
froitos moi grandes parecidos ao limón, pode acadar os
cinco metros de altura. O seu nome científico é
citrus medica. O nome do seu froito é
cidra. |
|
ciprés |
Árbore das cupresáceas de follas pequenas persistentes,
tronco recto, froito masculino de forma ovoide e o
feminino esférica, pode acadar os 20 metros de altura. O
seu nome do colectivo é
ciprestal ou
alciprestal. O seu nome científico é
Cupressus sempervirens. |
|
codeso |
Planta arbustiva das leguminosas de follas trifoliadas,
flores amarelas, que pode acadar os dous metros de
altura. O seu nome do colectivo é
codesal,
codeseira,
codesedo,
codeseda ou
codesido. O seu nome científico é adenocarpus
complicatus. |
|
érbedo |
Arbusto das ericáceas de follas lanceoladas e
persistentes, froito esférico vermello de superficie
granulosa e comestible semellante ao morango, que pode
acadar os catro metros de altura. O seu nome científico
é arbutus unedo. |
|
estripeiro |
Arbusto das rosáceas de follas ovadas lanceoladas,
flores brancas, froitos en baga vermella, que pode
acadar os seis metros de altura. O seu nome científico é
crataegus monogyna. |
|
eucalipto |
|
|
faia |
Árbore das fagáceas de follas elipsoidais caducas,
flores masculinas e femininas en acios, froito en cápsula, que pode acadar os 30
metros de altura. O nome do seu colectivo é
faial. O seu nome científico é fagus silvatica. |
|
fatoeiro |
Arbusto das rosáceas de follas ovais dentadas, flores
brancas e froito comestibel, que pode acadar os sete
metros de altura. O nome do seu froito é
fatón. O seu nome científico é prunus domestica. |
|
figueira |
Árbore das moráceas de follas lobuladas grandes, flores
unisexuais e froito comestíbel. O nome do seu froito é
figo. O nome do seu colectivo é
figueiral,
figueiredo ou
figueirido. O seu nome científico é ficus carica |
|
foupa |
Arbusto das ericáceas de follas verticais escamosas,
flores brancas en acios, raices grosas que serven para
facer cachimbas, pode acadar os tres metros de altura. O
seu nome científico é erica arborea. O seu nome
colectivo é
ucedo,
uceira,
uzal,
urceira,
breixeira ou
moural |
|
freixo |
Árbore das oleáceas de follas compostas, abundantes
pólas, froito con as, que medra en lugares húmidos e
pode acadar unha altura de 30 metros de altura . O nome
do seu colectivo é
freixal,
freixedo,
freixido,
freixeiro ou
freixomil. O seu nome científico é fraxinus
excelsior |
|
kiwi |
|
|
lamigueiro |
Árbore da familia das salicáceas de crecemento rápido
que pode acadar os 25 metros de altura. Tipo de
álamo. O seu nome científico é populus nigra. |
|
laranxeira |
|
|
limeira
|
|
|
limoeiro |
|
|
maceira |
Árbore das rosáceas de folla oblongas dentadas, copa
redonda e froito comestíbel. O nome do seu froito é
mazá. O seu nome colectivo é
maceiral,
mazairal ou
pomar. O seu nome científico é Malus domestica. |
|
mangostán |
Árbore das gutíferas de follas ovais opostas, de flores
vemellas, froitos baciformes tamén vermellos. O nome do
seu froito é
mangosto. O seu nome científico é garcinia
mangostana. |
|
marmeleiro |
Árbore das rosáceas de folla ovadas caducas, flores
brancas e froito comestibel, que pode acadar os catro
metros de altura. O nome do seu froito é
marmelo. O seu nome científico é cydonia vulgaris. |
|
milgrandeira |
|
|
nespereira |
Árbore das rosáceas de follas grandes elípticas, flores
brancas e froito ovoide comestíbel. O seu nome
científico é mespilus germanica. O nome do seu
froito é
néspera ou
níxaro. |
|
nogueira |
Árbore das xuglandáceas de follas grandes e pinnadas,
flores dos dous sexos separadas e froito comestibel, que
pode acadar os 15 metros de altura. O seu nome
científico é
Juglans regia. O seu nome do colectivo é
nogueiral,
nogueirido ou
nogueiredo. O nome do seu froito é
noz ou
carolo. |
|
oliveira |
|
|
paieira |
|
|
plataneiro |
Árbore tropical que dá uns froitos alongados e brandos,
de cor amarela e dispostos en grandes piñas. |
|
pradairo |
|
|
pereira |
Árbore das rosáceas que pode acadar os 10 metros de
altura, con follas ovadas, flores brancas e froito
comestíbel que se denomina
pera. O seu nome científico é Pyrus communis
e o de unha agrupación de árbores desa especie chámase
pereiral. |
|
pexegueiro |
|
|
piñeiro |
Árbore das abietáceas de follas aciculares agrupadas en
parellas, flores masculinas e femeninas separadas, e
froito leñoso. O seu nome científico é pinus pinaster.
O nome do seu colectivo é
piñeiral. O nome do seu froito é
piña. O nome das súas follas é
arume,
bruma,
carroucha,
faísca,
foupa,
frouma,
penica,
penuxa,
penuxo,
pica,
picaña,
picaza,
pico,
pinica,
pubela,
pucha,
pulazo ou
puma. |
|
pistacho |
Árbore das anacardiáceas de follas
compostas, flores en acios e froito
comestibel, que pode acadar os tres
metros de altura. O seu nome científico
é pistacia vera.
Froito do pistacho, de cor verde e
tamaño algo máis grande que unha faba,
está envolto nunha casca bivalva.
|
|
queiroga |
Arbusto perenne de follas en verticilios, flores
pentámeras en acios. O seu nome colectivo é
queirogal,
queirogeira,
queiroal,
queirotal ou
queiroteira. |
|
sabugo |
Arbusto das caprifoliáceas de follas compostas ovadas,
flores brancas usadas en medicina, ao igual que a médula
esponxosa das pólas. Pode atinxir unha altura de cinco
metros. O nome científico da especie máis común é
Sabucus nigra. O seu nome colectivo é
sabugal,
sabucedo. |
|
sabugueiriño |
Arbusto das caprifoliáceas semellante ao sabugueiro, que
pode acadar os dous metros de altura. |
|
salgueiro |
Árbore das salicáceas de follas dentadas, pólas longas e
flexibeis, froito en cápsula, que pode acadar os 20
metros de altura. O seu nome colectivo é
salgueiral ou
salgueiredo. O seu nome científico é salix alba |
|
sileira
|
|
|
sorbeira |
Árbore das rosáceas de follas compostas elípticas,
flores brancas, froito comestibel, que pode acadar os
oito metros de altura. O seu nome colectivo é
sorbeiral. O seu nome científico é sorbus
domestica. |
|
teixo
|
Árbore das taxáceas, de follas lineais planas, ramas
case horizontais, froito elipsoidal de cor encarnada. O
nome do seu colectivo é
teixido. O seu nome científico é taxus baccata. |
|
tileiro |
Árbore das tiláceas de follas acorazonadas, flores
brancas usadas para facer infusións, tamén se cultiva
para ornamento de parques podendo acadar os 20 metros de
altura. O seu nome científico é tilia spp. |
|
tuia |
|
|
ulmeiro |
|
|
umbieira |
|
|
xardón |
Árbore das aquifoliáceas de follas perennes e espiñentas,
flores en acios, froitos en drupa velenosos de cor
vermello, pode acadar os seis metros. Variante da
palabra
acivro. |
|
xesta |
Arbusto das papilionáceas de follas pequenas e escasas,
flores amarelas ou brancas, pólas longas flexibeis, que
pode acadar os catro metros de altura. O seu nome
colectivo é
xestal,
xesteira ou
xestedo. |