vocabulario galego da castaña

VOCABULARIO GALEGO DA CASTAÑA  


Os países da riveira do Mediterráneo teñen a cultura da castaña inxertada no seu vocabulario. Así, os franceses xa diferencian châtaigne de marron, pero os italianos amplían vocabulario e distinguen varias clases de castagnas: caldallesa e ballota para a castaña cocida, bruciata ou caldarrosta para a castaña asada. Os alemáns coñécena por kastanie, que en inglés dise chestnut. Galegos e portugueses temos moitas máis acepcións lingüísticas.

 

TIPOS DE CASTAÑAS: Castañas do Caurel:
BOLERCA, BOLECA, BULLERCA, MANIÑA Castaña abortada que non chegou ao seu logro. ABARQUEIRA A castaña baleira.  
BRAVA Castaña de castiñeiro bravo, sen inxertar. BRAVAS Hai anos que se dan e outros que non saen.  
BULLADA A que pasou pola bulla. PICOIS As que se desprecian cando se escollen ou que parten ó debullalas para quitárlle-las tonas durante o bandoxo.  
BULLOTE Nalgunha comarcas castaña asada no tixolo; Noutras a que non chegou a madurar PRESA Froito dun castiñeiro bo para madeira e que rende moita cantidade de castañas. Dise que estas castañas non son as máis sabrosas.  
BURGAZO, BURGÓ Castaña cocida sen tona; Castaña verde, pelada e cocida que se toma con leite. RAIGONA Son as segundas en caer da árbore; as mellores para comer e as que mellor pelan.  
CROUCO Castaña sen froito e oca. VELLIÑA É moi oscura e debúllase mal.  
DEGARO, DEGARA, DEGORO, RESTRELOS, DEGRAÍDA, DEGRAÑAS Castaña que sae do ourizo de forma espontánea e cae ao chan. VÉRDEAS As máis sabrosas e as que máis abundan, xunto coas presas.
ENXERIDAS Castaña formada por varias pezas. Vocabulario da castaña:
LONGAL Tipo de castaña portuguesa. ARBUS PANIS Os romanos chamabanlle ó castiñeiro árbore do pan, xa que nos tempos de malas colleitas facíase o pan con fariña de castaña.
MAIA Castaña pilonga pelada e limpa da tona. BAREXAR Trasnada dos cativos que van roubar castañas ós vecinos para o magosto.
MAMOTA, ZONCHOS Castaña cocida coas dúas tonas. BULLOTE Torta de fariña de castaña consumida polos lexionarios romanos.
PILONGA Castaña seca. CACHO Tixolo.
Outros tipos de castaña: COCO Verme da castaña.
PAGIANA   CALDUDAS Potaxe de castañas secas cocidas.
VILANDE   DEBULLAR Quitarlle as cascas á castaña cocida, fresca ou asada.
BUXEIRA   ENXERIMENTO Superficie onde remata a castaña.
AGRELO   MOREAS Xeito de xunta-los ourizos para golpealos e separa-la castaña do ourizo.  
LOURA   PETELA Pinzas de madeira coas que se apañan as castañas do ourizo.
GARRIDA   PICÓS Anacos das cascas  procedentes da pisa ou do bandoxo empregados para ceba-los porcos.
PAPADA   RANGALLEIRA Dise que o día do magosto o viño “corre á rangalleira”.  
CABEZUDA   SUCHAR Chupar continuamente unha castaña pilonga ata que se consuma. Chuchar.
TOUBESA   TALOURA Vara longa coa que se abanea o castaño para que pinguen os ourizos; tamén é bareiro.
BRAVOLEIRADO   TIXOLO Tixola de ferro con buratos onde se asan as castañas. Cacho.  
BICUDA   TONAS Cascas da castaña.
OUSENDE   TRASMOCHO Castiñeiro que medra máis ó ancho que ó alto pola acción do home, que o poda coma se fose un frutal. Deste xeito, obtéñense máis castañas, temos polas grandes para madeira en poucos anos, e non desaparece a árbore.  
OUCIEIRA   XEMAS Partes da castaña.