Climatoloxía

CLIMATOLOXÍA.


ORBALLADA, ORBALLEIRA, ORBALLO

Chuvia moi fina.

 

ORBALLADA, ORBALLEIRA, ORBALLO, POALLA, FROALLO, CHUVISCA, MORRIÑA, MORRIÑADA

Pequenas pingas de auga que cando vai frío pola noite aparece sobre as plantas ou o chan.

 

ORBALLAR

Caer o orballo de noite.

 

 

 

 

CHUVIA, CHOIVA

Pingas de auga que caen das nubes.

 

CHUVASCADA, CHUVASCO, CHUVIEIRA, TREBÓN, TREBOADA, BALLÓN, BÁTEGA, BATEGADA, CHAPARRADA, ARROIADA

Chuvia forte que dura pouco tempo.

CHUVISCADA, CHUVISCA, CHUVIÑADA

Chuvia pouco forte e de pingas miúdas.

 

BARRUFAR, BARRUÑAR, BARRUZAR, ZARZALLAR

Caer unha chuvia miúda.

 

CHAPARRÓN* à BALLÓN

Non se debe empregar chaparrón*.

 

ESCAMPAR, ESTEAR, ESTIÑAR

Parar de chover.

 

ESCAMPADA, ESTIÑADA

Momento entre chuvia e chuvia no que non chove.

 

TROMBA

Grande cantidade de chuvia que cae de forma repentina.

 

ALUVIÓN, ENXURRADA, INUNDACIÓN

Aumento grande e repentino da cantidade de auga dun río ou dun regueiro.

 

CIFRA, XISTRA

Tormenta de chuvia ou neve acompañada de vento.

 

TORMENTA, TEMPESTADE, TEMPORAL, BORRASCA

Mal tempo con moita chuvia, vento, raios ou saraiba.

 

MONZÓN

Vento que sopra no sudeste de Asia, que no verán é húmido e cálido e trae fortes chuvias, mentres no inverno é seco e frío.

 

 

 

 

TRONADA

Tempo de tormenta con calor apegañenta e logo chuvia e unha gran cantidade de tronos. Gran cantidade de tronos.

TRONAR

Haber tronos.

 

TRONIDO, TRONO

Ruído forte que oímos despois de ver o lóstrego cando hai tormenta.

 

LOSTREGAR, RELAMPAR, RELUSTRAR, ALUSTRAR

Producirse lóstregos.

 

RELAMPO, LÓSTREGO, ALUSTRO, APAGO, RELUSTRO

Luz moi intensa e breve que se produce nas nubes debido a unha descarga eléctrica.

 

LOSTREGADA, LUFADA, LAMPO

Resplador intenso e repentino.

 

 

 

 

VENTADA

Vento moi forte.

 

VENTAR

Facer vento.

 

VENTISCA* àCIFRA, XISTRA

Ventisca* é castelanismo.

 

VENTO

Aire en movemento.

 

VENTOSO

Con moito vento.

 

LUFADA

Golpe forte de venta que dura pouco.

 

FURACÁN, CICLÓN

Vento moi forte que sopra formando grandes círculos, característico das zonas tropicais.

 

TORNADO

Vento moi forte que se move en espiral.

 

BRISA, AIREXA

Vento suave, en especial o que sopra á beira do mar.

 

ALISIO

Vento que sopra dende os trópicos cara á zona ecuatorial.

 

SIROCO

Vento cálido e seco procedente do deserto do Sáhara.

 

REFACHO

Golpej de vento que só dura un momento.

 

 

 

 

FOLERPA, FALOPA, FARRAPO, FELEPA, FOLEPA

Cada un dos anaquiños en que cae a neve.

 

NEVADA, NEVARADA

Acción e efecto de nevar. Cantidade de neve caída duna soa vez.

 

NEVAR

Caer neve da nubes.

 

NEVARISCA, NEVISCA

Nevada de pouca duración e con folerpas moi pequenas.

NEVISCAR

Caer unha nevisca.

 

SARAIBA

Auga conxelada en forma de boliñas que cae das nubes con forza.

 

SARAIBADA

Acción e efecto de saraibar.

 

XEADA, CARAZO

Capa de xeo que se forma ao conxelarse o orballo.

 

XEAR

Facer moito frío ou haber xeada.

 

CARAMBELO, CARAMBO

Anaco de xeo que se forma ao conxelarse a auga que pinga.

 

XEO

Auga que se volve sólida por efecto do frío.

VIRUXE

Aire frío ao principio e ao final do día.

 

FRÍO, FRIAXE

Temperatura baixa.

 

ARREFRIAR, ARREFECER, REFRESCAR

Poñerse o tempo frío.

 

 

 

 

CALIMA

 

 

CANÍCULA

 

 

BRUMOSO, BRETEMOSO, NEBOENTO

Con bruma.

BRUMA, BORRAXEIRA, NÉBOA, NEBOEIRO, NEBOEIRA

Brétema pouco espesa, especialmente a que se forma no mar.

 

BRÉTEMA

Nube grande que se forma a pouca altura do chan e impide a visibilidade.

 

BORRASCOSO

Que causa ou produce borrascas.

 

NUBE

Pingas de auga que forman na atmosfera unha masa de cor branca ou gris.

NUBRAR, ANUBRAR

Cubrirse o ceo de nubes.

 

NUBRADO

Con nubes.

 

 

 

 

MAREXADA*à MARUSÍA, MAREIRA

Débese usar marusía ou mareira.

 

 

 

 

SOL

 

SOLLEIRA

Calor moi forte do sol.

 

SOLLEIRO, ASOLLADO

Con moito sol e sen nubes.

 

SOMBRILLA*à ANTUCA

Sombrilla* é castelanismo.

 

DESPEXAR, ACLARAR, CLAREXAR

Quedar o ceo sen nubes.

 

SOLEADO*à ASOLLADO

Non se debe utilizar soleado*, senón asollado.

 

CLARO

Que está con sol e sen nubes.

 

BONANZA

Tempo tranquilo no mar.

 

RAIOLA, RAXEIRA, RAZA, RAZADA

Raios de sol que aparecen entre as nubes.

ROIBÉN

Cor vermella das nubes cando sae o sol ou se pon.

 

AVESÍO, AVESEDO, SOMBRÍO, SOMBRIZO

Frío e sombrizo que case nunca lle da o sol.

 

 

 

 

CALOR

Temperatura alta da atmosfera.

 

CALOROSO

Tempo con calor.