Léxico da Gaita galega

LÉXICO DA GAITA GALEGA.


BORLAS  
BUXAS Pezas de madeira onde encaixan os tubos para unirse ao fol.
BUXO Madeira da que se soen facer as gaitas.
CANAS As dúas láminas que forman a palleta.
COPA OU TERCIA Terceiro tercio do roncón.
CHIÓN OU PIÓN Pequeno tubo opcional que leva palleta o pallón.
FARRAPOS Elementos decorativos da gaita. Son as borlas e os flocos.
FLOCOS  
FOL Bolsa de aire feita de pel de cabra.
FREO Aro de metal que suxeita as canas ao tudel da palleta.
PALLETA Lingüeta formada por dúas láminas inseridas no tudel, suxeitas co freo e que vibra ao pasar o aire.
PALLÓN Tubo que teñen o ronco e a ronquilla cunha lingüeta que produce o son continuo e grave.
PRIMA Primeiro tercio do ronco.
PUNTEIRO Tubo cónico co oito buratos para as notas e tres máis para afinación.
RONCO OU RONCÓN Tubo formado por tres tercios. Emite un son continuo afinado na nota principal da gaita.
RONQUETA OU RONQUILLA Pequeno tubo opcional. So ten dous tercios.
SEGUNDA Tercio intermedio do roncón.
SOPRETE Peza por onde se insufla o aire ao fol.
TUDEL Tubo da palleta que leva inseridas as canas e através do cal pasa o aire.
VESTIDO  
ZAPÓN Vávula interior que ten o soprete para deixar entrar o aire e impedir a súa saída.

Bibliografía utilizada:
ALMANAQUE AGRÍCOLA ZZ 2002